23/10/2019 01:54

Está vostede en Sede Electrónica / Trámites / Trámites de Censo Electoral / Solicitude de exclusión/inclusión nas copias do censo para propaganda electoral

FORMULARIO WEB DE SOLICITUDE DE EXCLUSIÓN/INCLUSIÓN NAS COPIAS DO CENSO ELECTORAL QUE SE ENTREGAN AOS REPRESENTANTES DAS CANDIDATURAS PARA REALIZAR OS ENVÍOS POSTAIS DE PROPAGANDA ELECTORAL

Este procedemento permite cubrir a través da web a solicitude de exclusión/inclusión nas copias do censo electoral que se entregan aos representantes das candidaturas para realizar os envíos postais de propaganda electoral.

As exclusións solicitadas ata o día decimoterceiro posterior á convocatoria dun proceso electoral terán efectos en dito proceso e en todos os posteriores, en tanto non se manifeste o contrario polo elector.

Quen pode cubrir este formulario web de solicitude?

Calquera persoa inscrita no censo electoral

Para realizar a solicitude esíxese un certificado electrónico asociado ao seu documento nacional de identidade, ou mediante o sistema Cl@ve.

Instrucións para cubrir e enviar a solicitude

Siga as instrucións contidas en cada pantalla

Acceder