02/12/2024 14:33

Onde estou?

Acaba de entrar na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estatística, creada por Resolución do 16 de decembro de 2009, da Presidencia do INE para facilitar o acceso por medios electrónicos dos cidadáns á información e os procedementos administrativos, a calquera hora e todos os días do ano.

Que é a Sede Electrónica?

É a oficina virtual de atención ao usuario na Internet, que cumpre cos requisitos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

A quen está dirixida?

A cidadáns e empresas que queiran interactuar co INE a través da Internet.

Que se pode facer?

Formular consultas, presentar documentos por Rexistro e realizar xestións que ata o de agora se viñan realizando de forma presencial. En función do trámite pode ser necesario dispor dun certificado dixital.

Como funciona?

Os trámites que se realizan a través da Sede Electrónica teñen a mesma validez que se se efectúan de forma presencial. En cada trámite descríbese a finalidade e os pasos a seguir para a súa correcta realización.

Trámites máis frecuentes

Ligazóns de interese

©  INE 2024      Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00