Por Resolución do 16 de decembro de 2009, da Presidencia do INE, creouse a Sede Electrónica única deste Organismo, baixo o enderezo https://www.sede.ine.gob.es, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e co regulamento que o desenvolve. Esta Sede permite realizar actuacións, procedementos e servizos que precisen o acceso electrónico a través da Internet dos cidadáns aos servizos públicos do INE de forma segura, eficaz e coa accesibilidade e calidade requiridas.
A titularidade da Sede Electrónica constitúe un dominio na Internet do INE (CIF Q-2826039F), Paseo de la Castellana 183, 28071-Madrid.
Os dereitos de propiedade intelectual da Sede, o seu deseño gráfico e os códigos que a mesma contén, son de titularidade do INE, a non ser que de forma específica se indique outra diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas dos seus contidos, a non ser que sexan para uso persoal e privado, poderán constituír unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual do titular ou dos interesados. Todos os signos e marcas distintivas están protexidos pola Lei, pudendo dar lugar ao exercicio das accións legais que procedan. Se se emprega información da Sede, deberá citarse a fonte ou titularidade da información recollida.
O INE resérvase o dereito a realizar os cambios que procedan sen previo aviso, co fin de actualizar, corrixir, modificar ou engadir os contidos da Sede ou o seu deseño. En todo caso, non se responsabiliza dos contidos que terceiras partes incluísen nas hiperligazóns ou links a apartados aloxados nesta Sede.
Respecto ás hiperligazóns que desde esta Sede se realicen a páxinas externas, o INE non pode asumir a integridade e respecto pola acccesibilidade e calidade das mesmas.
© INE 2024 Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00