En ocasións detéctanse correos electrónicos fraudulentos enviados suplantando a imaxe dun organismo, entidade financeira, etc., coa finalidade de obter datos persoais e especialmente bancarios.
Calquera petición de datos bancarios desde a Sede Electrónica do INE realízase nunha web segura. A web segura aplica o protocolo https, que é a versión segura do protocolo http, con iso garántese que se interactúa nunha canle cifrada.Este protocolo é empregado principalmente por entidades bancarias, tendas en liña, e calquera tipo de servizo que requira o envío de datos persoais ou contrasinais.
Recoñécese, ademais, por amosar un candeado como o da imaxe na barra de estado.
Ao facer dobre clic sobre o mesmo, indica a identidade do equipo co que se conecta.
En caso de dúbida, sobre a autenticidade de calquera correo electrónico ou sitio da Internet que diga estar remitido ou ser propiedade do Instituto Nacional de Estatística, contacte con nós a través do Formulario de correo para verificar a súa autenticidade.
© INE 2025 Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00