O Instituto Nacional de Estatística (INE) é a entidade responsable do ficheiro de datos xerado cos datos de carácter persoal fornecidos polos usuarios na Sede Electrónica www.sedeine.gob.es.
De acordo coa Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal , o INE comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
A recollida e tratamento dos datos persoais ten como finalidade a xestión, prestación e mellora dos servizos da Sede Electrónica do INE, solicitados en cada momento polo usuario e o seguimento de consultas formuladas polos mesmos.
O usuario poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, respecto aos datos fornecidos para calquera dos procedementos e servizos dispostos nesta sede. Para iso, deberá dirixirse por calquera medio que deixe constancia do seu envío e recepción, á Secretaría Xeral do INE no enderezo Paseo de la Castellana, 183 MADRID (España). Pode facelo tamén a través do Formulario de correo .
Se desexa máis información sobre obrigas e dereitos relativos á Protección de Datos de Carácter Persoal pode contactar coa Sede Electrónica da Axencia de Protección de Datos no enderezo https://www.agpd.es/
© INE 2024 Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00