Un Certificado Electrónico é un conxunto de datos que permiten a identificación do titular do Certificado, intercambiar información con outras persoas e entidades, de maneira segura, e asinar electronicamente os datos que se envían de tal xeito que se poida comprobar a súa integridade e procedencia.
Actualmente recoñécense na Sede Electrónica do INE os seguintes certificados electrónicos:
A identificación e autenticación perante a Sede Electrónica tamén se poderá realizar a través de funcionarios públicos habilitados, mediante o procedemento previsto no artigo 22 daLei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
As xestións para a obtención dun certificado electrónico débense realizar perante unha Autoridade de Certificación, recoñecida oficialmente. No apartado anterior, atópanse as ligazóns directas coas Entidades Certificadoras, onde se pode obter ampla información do funcionamento dos distintos certificados, así como do seu proceso de obtención.
O Certificado Electrónico garante:
Cos certificados electrónicos, recoñecidos pola Sede Electrónica do INE poderá realizar consultas e efectuar xestións.
Un Certificado Electrónico serve para:
Os formatos de sinatura electrónica aceptados son:
Incorpórase ao xustificante de rexistro unha impresión dixital dos ficheiros que se presentasen. Para a creación desta impresión dixital emprégase SHA-1.
No caso de que se presenten ficheiros con código malicioso, o ficheiro considerarase como non presentado a efectos de tramitación do procedemento.
© INE 2021 Paseo de la Castellana, 183 - 28071 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00