13/10/2024 17:44

A guía de utilización da Sede Electrónica do INE deseñouse para facilitar a localización da información e o manexo das opcións dispoñibles; non obstante, se atopa calquera dificultade na navegación pola Sede, non dubide en empregar o  Formulario de correo para comunicarnos as súas preguntas. Nesta guía atopará os seguintes apartados:

  1. Estrutura da navegación
  2. Accesibilidade
  3. Recomendacións técnicas
  4. Política lingüística



  1. Estrutura da navegación

    Inclúese neste apartado unha descrición dos diferentes elementos que atopará en cada unha das páxinas da Sede.

    1.1. Cabeceira de navegación

    A cabeceira mantense fixa en todas as páxinas da Sede de forma que desde calquera situación se poida facer uso das utilidades. A cabeceira componse de:

    Logotipo do INE: ao premer sobre el accédese á páxina de inicio do Instituto Nacional de Estatística . A páxina amosarase nunha xanela independente.

    Logotipo de administración electrónica: ao premer sobre el accédese ao Ministerio. A páxina amosarase nunha xanela independente.

    Botóns de opcións: composta polos seguintes botóns:

    •  Reducir/ Restaurar/ Aumentar tamaño da letra  cambia o tamaño dos textos. A letra máis grande aumenta o tamaño, a máis pequena diminúeo e a intermedia restáurao ao seu tamaño inicial. Tamén pode facer uso das opcións do seu navegador para cambiar o tamaño da letra.
    •  Mapa web  amosa o mapa da web.
    •  Calendario  amosa o calendario de días inhábiles.

    Menús despregables: permiten navegar por todo o contido da Sede pasando o cursor polo despregable e colocándoo sobre o tema e/ou subtema. Premendo directamente sobre o separador do que nace o despregable, accédese a unha páxina con todas as opcións dese apartado. Os menús despregables teñen o seguinte contido:

    • Inicio: conduce á páxina de inicio da Sede.
    • Trámites: contén a lista de procedementos e trámites incluídos na Sede. Premendo en calquera das opcións accédese á ficha descritiva do procedemento ou trámite, onde pode coñecer os requisitos necesarios e acceder ao procedemento e axudas básicas para a súa correcta tramitación.
    • Normativa: inclúe a lexislación que rexe tanto o funcionamento da Sede como dos diferentes procedementos e trámites. Permite acceder a cada norma premendo na ligazón que se incorpora.
    • Utilidades: inclúe o calendario de días inhábiles e os certificados electrónicos publicados na sede electrónica do INE.
    • Axuda: agrupa diferentes opcións que lle facilitarán o manexo da Sede.

    Selección de idiomas: ao elixir un idioma da lista, cambia a páxina na que se atopa a versión nese idioma. Se a páxina non estivese dispoñible no idioma seleccionado, por defecto amosará a páxina en español.

    Buscador: escribindo unha palabra ou palabras e premendo o botón Buscar amosarase a relación de páxinas da Sede que inclúen o termo procurado.

    1.2. Barra de estado

    Rastro de miolos: a páxina na que nos atopamos vén identificada na parte superior polo texto Está vostede en Sede Electrónica seguido do apartado, subapartado, sección,.. no que está situada. Premendo en calquera dos textos que aparecen, accederase a esa páxina.

    Data/hora: amósase a hora oficial. O reloxo actualízase de forma automática cada minuto e cando se solicita unha nova páxina ou se refresca a páxina presentada.

    1.3. Pé de páxina

    É común a todas as páxinas da Sede. Contén información referente á situación da Sede e acceso directo a algunhas opcións.

  2. Accesibilidade

    A sede electrónica do INE foi deseñada axustándose aos requirimentos de accesibilidade recollidos na norma UNE 139803:2012 (prioridade 2, nivel AA).

    Por outra parte, na navegación pola Sede indícanse ligazóns que acceden a páxinas alleas á mesma e cuxos contidos poden non cumprir as mesmas pautas de accesibilidade.

    Se considera que algún dos contidos presentados non é accesible e ten algún problema para a súa visualización, pódese pór en contacto con nós a través do  Formulario de correo .

  3. Recomendacións técnicas

    O funcionamento da presente Sede Electrónica foi contrastado cos navegadores máis populares (Internet Explorer©, Mozilla Firefox ©).

    Nalgún momento o programa de navegación que empregue pódelle pedir que instale algún programa adicional, se non o ten instalado, para acceder a ficheiros específicos en formato PDF de Acrobat (precisa Acrobat Reader ©). Se o desexa, pode descargar de forma gratuíta este programa: 

    Última versión de Adobe Reader  

    Para acceder aos servizos electrónicos pódeselle requirir estar en posesión dalgún dos certificados que se recollen no apartado  Certificado e Sinatura Electrónicos  .

  4. Política lingüística

    Os contidos da Sede Electrónica preséntanse en todas as linguas cooficiais e ademais en lingua inglesa. Porén, na navegación pola Sede indícanse ligazóns que acceden a páxinas alleas á mesma e cuxos contidos poden non estar dispoñibles nas distintas linguas.

©  INE 2024      Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00