13/11/2024 12:49

Que é o Rexistro electrónico?

É unha Oficina telemática onde os cidadáns poden presentar solicitudes, escritos e comunicacións dirixidas á Administración Xeneral do Estado e aos seus Organismos Públicos por medios informáticos, electrónicos ou telemáticos.

Que documentos son admisibles no Rexistro electrónico?

  1. Documentos electrónicos normalizados correspondentes aos servizos, procedementos e trámites que se especifiquen na norma de creación do Rexistro ou na Sede Electrónica , formalizados conforme os formatos preestablecidos.
  2. Calquera solicitude, escrito ou comunicación distinta dos mencionados no apartado anterior dirixido a calquera Órgano ou Entidade do ámbito.

Cando se poden presentar?

A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderase realizar nos rexistros electrónicos durante as vintecatro horas de todos os días do ano.

Cómputo de prazos:

Serán días inhábiles na Administración Xeral do Estado os establecidos ao efecto por Resolución da Secretaría de Estado da Función Pública. Actualmente está en vigor a Resolución do 1 de decembro de 2022 da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se establece a efectos de cómputos de prazos, o calendario de días inhábiles no ámbito da Administración Xeral do Estado para o ano 2023.  

A presentación nun día inhábil entenderase como realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte.

Código malicioso

No caso de que se presenten ficheiros con código malicioso, o ficheiro considerarase como non presentado a efectos de tramitación do procedemento.

©  INE 2024      Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00