26/04/2017 07:56

Está vostede en Sede Electrónica / Trámites / Pagamento electrónico / Pagamento electrónico de sancións

Ficha do procedemento

Nome: Pagamento electrónico das sancións impostas en virtude do procedemento sancionador por incumprimento das obrigacións estatísticas contempladas na Lei 12/1989, de 9 de maio, da Función Estatística Pública.

Descrición: Permite realizar o pagamento telemático das sancións impostas.

Órgano responsable: Secretaria Xeral do Instituto Nacional de Estatística

Materia: sancións estatísticas

Prazo para realizar o ingreso:
- Notificacións realizadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.
- Notificacións realizadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data de notificación ata o día 5 do segundo mes seguinte posterior ou o inmediato hábil seguinte.
De non efectuarse o ingreso no prazo indicado, iniciarase o procedemento executivo pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Medios de autenticación: certificado electrónico dos publicados na sede electrónica do INE

Enderezo de acceso ao procedemento: https://sede.ine.gob.es/pago_sanciones_ga

Aquí pode realizar as seguintes actuacións (con certificado electrónico)

Ligazóns de interese