13/10/2024 18:05

Quen o pode solicitar?

Os cidadáns da Unión Europea (UE), non españois, residentes en España, poderán votar nas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo se están inscritos no censo electoral e teñen dezaoito anos cumpridos o día da votación.

Para a inscrición no censo electoral requírese a inscrición previa no padrón do municipio en que se resida habitualmente e manifestar a súa vontade de exercer o dereito de sufraxio en España nas eleccións municipais, nas eleccións ao Parlamento Europeo ou en ambas.

Para realizar o trámite de manifestación de vontade de votar en España nesta páxina de Internet é necesario que estea inscrito no padrón do municipio en que resida habitualmente e que o concello enviase a súa variación ao INE, que poida acreditar a súa identidade mediante o sistema Cl@ve e ademais que o INE recibise o seu Número de Identificación de Estranxeiro (NIE) do Rexistro Central de Estranxeiros.

Os electores comunitarios que fosen inscritos no censo electoral permanecerán inscritos nel ata que soliciten a súa exclusión ou se proceda de oficio á súa exclusión por deixar de cumprir os requisitos esixidos para o exercicio do dereito de sufraxio activo.

©  INE 2024      Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00