13/11/2024 12:06

Qué ofrece este trámite?

A través deste trámite, os cidadáns poden formular as súas consultas, exercitar os seus dereitos ou presentar reclamacións en materia de protección de datos, de forma telemática e con todas as garantías dun rexistro electrónico.

O rexistro electrónico está accesible durante as 24 horas do día, todos os días do ano. Unha vez presentado o escrito, solicitude ou comunicación do que se trate, non é necesaria a súa posterior presentación en ningunha outra oficina de rexistro.

O rexistro electrónico rexerase, para os efectos de cómputo dos prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso.

Ante que órgano se presentan as actuacións realizadas mediante este trámite?

O Delegado de Protección de Datos do INE (DPD) é o responsable de dar resposta ás consultas e peticións de dereitos e reclamacións dos cidadáns en materia de protección de datos persoais.

O Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) dispón que os responsables e encargados do tratamento deberán designar un DPD nos supostos que o propio RXPD establece, así como noutros casos nos que a lexislación dos Estados Membros o considere tamén obrigatorio.

Entre os supostos nos que haberá que designar un DPD atópaso o de que “o tratamento o leve a cabo unha autoridade ou organismo público”, tanto en calidade de responsable como en funcións de encargado de tratamento (art. 37.1.A RXPD).

Que tipo de actuacións poden efectuarse mediante este trámite na sede electrónica?

Consulta ao DPD

O DPD atenderá calquera consulta que eleven os cidadáns na que vexan afectados os seus datos persoais por algún tratamento do que o INE sexa responsable ou encargado.

As consultas responderanse por orde de entregada no rexistro electrónico.

Exercicio de dereitos e reclamacións ante o DPD

O DPD asistirá aos cidadáns no exercicio dos dereitos recoñecidos no RXPD.

Pola súa parte, o DPD dará resposta no prazo máximo de dous meses ás reclamacións interpostas polos cidadáns en materia de protección de datos.

©  INE 2024      Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00