22/03/2025 02:47

Que é o Premio Nacional de Estatística:

É un premio convocado polo INE con carácter anual co que se destaca a achega e o labor científicos no campo da Estatística.

Obxecto do Premio Nacional de Estatística:

Recoñecer unha achega e un labor científicos no campo da Estatística, manifestados pola traxectoria profesional ou por medio dunha obra singular do galardoado. Estimular con isto a investigación, o desenvolvemento e a aplicación da metodoloxía estatística entre os científicos e académicos do noso país.

Dotación:

Diploma acreditativo e dotación económica de 30.000 euros.

Presentación de candidaturas:

Poderán propoñer candidaturas ao Premio Nacional de Estatística todas aquelas institucións, organismos ou fundacións de carácter público ou privado que estean especialmente vinculadas coa Estatística.

Prazo de presentación de candidaturas:

Tres meses a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Como presentar unha candidatura:

Requisitos dos candidatos:

Poderán ser candidatos ao Premio Nacional de Estatística os expertos de nacionalidade española cuxo labor e achega científicos constitúan unha contribución eminente ao progreso da estatística, independentemente do país onde se levaron a cabo.

Adxudicación:

O Premio adxudicarase por Resolución da Presidencia do INE á vista da proposta formulada polo Xurado.

©  INE 2025      Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00