O censo electoral contén a inscrición das persoas que reúnen os requisitos para ser electores e non se atopen privados, definitiva ou temporalmente, do dereito de sufraxio.
O censo electoral é permanente e actualízase mensualmente de oficio (sen ter que solicitalo) coa información recibida de oficio dos concellos, as oficinas consulares, os encargados do Rexistro Civil e coas reclamacións ao censo electoral que resulten estimadas..
O censo electoral pechado o día primeiro dun mes inclúe as variacións enviadas á Oficina do censo Electoral ata o penúltimo día do mes anterior y tramitadas nese mes.
Importante: os trámites de presentación de reclamacións a través da Sede Electrónica son distintos segundo se refiran ao censo pechado o día primeiro dun mes ou ao censo vixente para esas eleccións.
As reclamacións ao censo vixente dunhas eleccións non poderán ser formuladas mediante este trámite.
O censo electoral vixente para unhas eleccións é o censo electoral pechado o día primeiro do segundo mes anterior ao mes da convocatoria e ampliado coas inscricións de quen teña a maioría de idade o día da votación e sen ter en conta os cambios de circunscrición producidos nos doce meses anteriores á data da convocatoria no censo electoral dos electores residentes ausentes que viven no estranxeiro.
Calquera cidadán residente nun municipio español e que poida identificarse polo sistema Cl@ve.
As reclamacións ao censo vixente en período de actualización poderanse presentar, mediante este trámite, sempre que non haxa convocatoria de eleccións na provincia onde estea empadroada a persoa electora. Resolveranse atendendo a cumprir cos requisitos necesarios para formar parte do censo electoral vixente que lle corresponda en función das datas de empadroamento e solicitude da reclamación.
Calquera persoa interesada poderá solicitar a alta ou a modificación dos seus datos de inscrición no Censo Electoral.
A inscrición no Censo Electoral contén datos persoais e do enderezo de residencia das persoas electoras. No caso de cidadáns da Unión Europea residentes en España, tamén inclúe a intención de voto nas eleccións ás que teñen dereito, eleccións municipais e ao Parlamento europeo.
Será necesario achegar un certificado actualizado de inscrición no padrón, no que conste que a persoa que solicita a reclamación está inscrita como residente no padrón de habitantes dese municipio cos datos que reclama, indicando dende que data.
Ademais, haberá que achegar unha copia dun documento de identificación do cidadán. Para cidadáns con nacionalidade española: (DNI / Carné de conducir / pasaporte).
Para cidadáns da Unión Europea: tarxeta de residencia / DNI ou pasaporte do país de orixe.
No caso de solicitar unha mudanza dos datos persoais, para persoas de cidadanía española, poderase achegar un certificado de datos persoais expedido polo Rexistro Civil.
© INE 2025 Avda. Manoteras, 52 - 28050 - Madrid - España Tlf: (+34) 91 583 91 00