Conoce nuestra web: Sede Electrónica

Que é a Sede Electrónica?

É a oficina virtual de atención ao usuario na Internet, que cumpre cos requisitos establecidos na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A quen está dirixida?

A cidadáns e empresas que queiran interactuar co INE a través da Internet.

Onde estou?

Acaba de entrar na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estatística, creada por Resolución do 16 de decembro de 2009, da Presidencia do INE para facilitar o acceso por medios electrónicos dos cidadáns á información e os procedementos administrativos, a calquera hora e todos os días do ano.

Como funciona?

Os trámites que se realizan a través da Sede Electrónica teñen a mesma validez que se se efectúan de forma presencial. En cada trámite descríbese a finalidade e os pasos a seguir para a súa correcta realización.

Que se pode facer?

Formular consultas, presentar documentos por Rexistro e realizar xestións que ata o de agora se viñan realizando de forma presencial. En función do trámite pode ser necesario dispor dun certificado dixital.