O Instituto Nacional de Estatística (INE) é o responsable do tratamento dos datos persoais que se leven a cabo no exercicio das súas actividades, agás cando se indique o contrario nun tratamento específico, facilitados polos usuarios na Sede Electrónica: https://sede.ine.gob.es.

En todos estes tratamentos, o INE actúa de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais, seguridade da información e a normativa específica que rexe as súas actividades. En particular, o tratamento dos datos persoais a través desta sede electrónica baséase no disposto no artigo 6.1 c) do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), por ser necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento, e no artigo 6.1 e) do RXPD, por ser necesario para o cumprimento dunha misión levada a cabo en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao INE.

O INE comprométese a cumprir coa súa obriga de segredo no que respecta aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos confidencialmente. Para estes efectos, adopta as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

A recollida e o tratamento dos datos persoais ten como finalidade xestionar, prestar e mellorar os servizos da Sede Electrónica do INE solicitados polo usuario, así como facer o seguimento das consultas presentadas a través dos distintos formularios dispoñibles.

As persoas usuarias poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade en calquera momento no que respecta aos datos proporcionados para calquera dos procedementos e servizos prestados nesta sede.

O INE conta cun Delegado de Protección de Datos (DPD), en cumprimento do disposto no artigo 37 do RXPD, cuxa función é atender as consultas e solicitudes da cidadanía sobre o exercicio dos dereitos recoñecidos polo RXPD con respecto aos tratamentos realizados polo INE.

Para contactar co DPD, pode utilizar o trámite Actuacións perante o DPD, habilitado na Sede Electrónica, ou enviar un correo electrónico a dpd@ine.es. Tamén pode enviarlle un escrito ao Delegado de Protección de Datos por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:

Se desexa máis información sobre os seus dereitos e obrigas en materia de protección de datos, pode consultar a sede electrónica da Axencia Española de Protección de Datos en https://www.agpd.es/.