A guía de utilización da Sede Electrónica do INE deseñouse para facilitar a localización da información e o manexo das opcións dispoñibles; non obstante, se atopa calquera dificultade na navegación pola Sede, non dubide en empregar o Formulario de correo para comunicarnos as súas preguntas. Nesta guía atopará os seguintes apartados:
Estrutura da navegación
Inclúese neste apartado unha descrición dos diferentes elementos que atopará en cada unha das páxinas da Sede.
-
Cabeceira de navegación
A cabeceira mantense fixa en todas as páxinas da Sede de forma que desde calquera situación se poida facer uso das utilidades. A cabeceira componse de:
- Logotipo do INE: ao premer sobre el accédese á páxina de inicio do Instituto Nacional de Estatística . A páxina amosarase nunha xanela independente.
- Botóns de opcións: composta polos seguintes botóns:
- Aumentar/ Restaurar/ Reducir tamaño da letra: cambia o tamaño dos textos. A letra máis grande aumenta o tamaño, a máis pequena diminúeo e a intermedia restáurao ao seu tamaño inicial. Tamén pode facer uso das opcións do seu navegador para cambiar o tamaño da letra.
- Selección de idiomas: ao elixir un idioma da lista, cambia a páxina na que se atopa a versión nese idioma. Se a páxina non estivese dispoñible no idioma seleccionado, por defecto amosará a páxina en español.
- Buscador: escribindo unha palabra ou palabras e premendo o botón Buscar amosarase a relación de páxinas da Sede que inclúen o termo procurado.
- Menú desplegable: permite navegar por todo o contido da Sede pasando o cursor polo despregable.
- Calendario de días inhábiles.
-
Barra de estado
- Rastro de miolos: a páxina na que nos atopamos vén identificada na parte superior polo apartado, subapartado, sección,.. no que está situada. Premendo en calquera dos textos que aparecen, accederase a esa páxina.
-
Pé de páxina
É común a todas as páxinas da Sede. Contén información referente á situación da Sede e acceso directo a algunhas opcións.
Recomendacións técnicas
O funcionamento da presente Sede Electrónica foi contrastado cos navegadores máis populares (Internet Explorer©, Mozilla Firefox ©).
Nalgún momento o programa de navegación que empregue pódelle pedir que instale algún programa adicional, se non o ten instalado, para acceder a ficheiros específicos en formato PDF de Acrobat (precisa Acrobat Reader ©). Se o desexa, pode descargar de forma gratuíta este programa: última versión de Adobe Reader.
Para acceder aos servizos electrónicos pódeselle requirir estar en posesión dalgún dos certificados que se recollen no apartado Certificado e Sinatura Electrónicos.
Política lingüística
Os contidos da Sede Electrónica preséntanse en todas as linguas cooficiais e ademais en lingua inglesa. Porén, na navegación pola Sede indícanse ligazóns que acceden a páxinas alleas á mesma e cuxos contidos poden non estar dispoñibles nas distintas linguas.