Calendario de días inhábiles
Para a presentación de calquera tipo de escrito deberase ter en conta o calendario de días inhábiles que o Ministerio da Presidencia publica cada ano no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Certificado e Sinatura Electrónicos
-
Que é un Certificado Electrónico?
Un Certificado Electrónico é un conxunto de datos que permiten a identificación do titular do Certificado, intercambiar información con outras persoas e entidades, de maneira segura, e asinar electronicamente os datos que se envían de tal xeito que se poida comprobar a súa integridade e procedencia.
-
Que Certificados Electrónicos recoñece a Sede Electrónica do INE?
Na ligazón proporcionada a continuación pódense atopar todos os certificados que actualmente é posible validar ao lanzar unha consulta contra a plataforma @firma. Cómpre ter en conta que os certificados incorporados á Plataforma cumpriron o procedemento descrito no documento “Tratamento de certificados en @firma”, dispoñible actualmente no PAE (http://administracionelectronica.gob.es), e atópanse clasificados nalgún dos tipos de certificados actualmente establecidos.
Para obter unha listaxe completa dos prestadores aceptados por esta plataforma acuda ao documento de provedores de servizos de certificación de @firma.
-
Como obter un Certificado Electrónico?
As xestións para a obtención dun certificado electrónico débense realizar perante unha Autoridade de Certificación, recoñecida oficialmente. No apartado anterior, atópanse as ligazóns directas coas Entidades Certificadoras, onde se pode obter ampla información do funcionamento dos distintos certificados, así como do seu proceso de obtención.
-
Que garantías ofrece o Certificado Electrónico?
O Certificado Electrónico garante:
- A autenticidade das persoas e entidades que interveñen no intercambio de información.
- Confidencialidade: que só o emisor e o receptor vexan a información.
- A integridade da información intercambiada, asegurando que non se produce ningunha manipulación.
- O non rexeite, que lle garante ao titular do certificado que ninguén máis que el pode xerar unha sinatura vinculada ao seu certificado e lle imposibilita negar a súa titularidade nas mensaxes que asinase.
-
Para que serve un Certificado Electrónico?
Cos certificados electrónicos, recoñecidos pola Sede Electrónica do INE poderá realizar consultas e efectuar xestións.
Un Certificado Electrónico serve para:
- Autentificar a identidade do usuario, de forma electrónica, perante terceiros.
- Asinar electronicamente de xeito que se garanta a integridade dos datos transmitidos e a súa procedencia. Un documento asinado non pode ser manipulado, xa que a sinatura está asociada matematicamente tanto ao documento como ao asinante.
- Cifrar datos para que só o destinatario do documento poida acceder ao seu contido.
-
Impresións dixitais e estándar de sinatura
Os formatos de sinatura electrónica aceptados son:
- PKCS#7; CMS (compatibilidade con todas as súas versións definidas pola IETF1)
- XMLSignature Básico;
- XMLSignature avanzado (XAdES);
- CMS avanzado (CAdES)
Incorpórase ao xustificante de rexistro unha impresión dixital dos ficheiros que se presentasen. Para a creación desta impresión dixital emprégase SHA-1.
-
Código malicioso
No caso de que se presenten ficheiros con código malicioso, o ficheiro considerarase como non presentado a efectos de tramitación do procedemento.
Notificacións electrónicas por comparecencia
A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no seu artigo 43 sobre a práctica de notificacións por medios electrónicos, ofrece a posibilidade de realizalas a través da dirección electrónica habilitada única.
Pode acceder ás súas notificacións electrónicas na dirección electrónica única en https://dehu.redsara.es ou a través da súa carpeta cidadá en https://carpetaciudadana.gob.es.
Validación do certificado de sede
Segundo establece o artigo 6.1 d) do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, no que non está derrogado pola Lei 39/2015, do 1 de outubro , toda sede electrónica disporá dun sistema de verificación dos certificados da sede, que estará accesible de forma directa e gratuíta.
Para iso, ofrécese o acceso á plataforma VALIDE, a través da que poderá verificar a validez do certificado da Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estatística, de forma directa e gratuíta.
Os certificados de sede teñen a utilidade de asegurar que as relacións dos cidadáns se realizan a través dunha canle segura e unha oficina pública recoñecida, que non permiten a intrusión malintencionada de terceiros.
Código Seguro de Verificación
O Código Seguro de Verificación de documentos ou CSV é un conxunto de díxitos que identifica de forma única os documentos electrónicos emitidos polo Instituto Nacional de Estatística.
O CSV atópase impreso en todas as páxinas que compoñen un documento electrónico e posibilita o cotexo, a través da Sé Electrónica do INE, dun documento impreso co correspondente documento electrónico orixinal, converténdoo así nunha copia auténtica.
Pode utilizar este servizo para comprobar a autenticidade de documentos en papel con CSV emitidos polo Instituto Nacional de Estatística. Para iso debe introducir o código CSV que figura no documento; a Sé Electrónica do INE mostraralle o documento orixinal e poderá constatar a súa veracidade e que non foi alterado.
O CSV do Instituto Nacional de Estatística está regulado por Resolución de 10 de febreiro de 2011, da Presidencia do INE.