Canle de protección do informante do INE
Descrición: canle interna de información en conformidade co disposto na Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
Información de acceso
-
Medios de autenticación: correo electrónico / sen identificación.
-
Información do trámite
-
Órgano responsable: Secretaria Xeral do Instituto Nacional de Estatística.
Materia: cumprimento normativo.
Prazo máximo para resolver e notificar: non superior a 3 meses + 3 meses no caso de ampliación por complexidade.
Efectos falta de resolución en prazo: as decisións adoptadas pola Autoridade Independente de Protección do Informante, A.A.I., nas presentes actuacións non serán recurribles en vía administrativa nin en vía contencioso administrativa, sen prexuízo do recurso administrativo ou contencioso administrativo que se puidese interpor perante a eventual resolución que finalice o procedemento sancionadora que se puidese incoar co gallo dos feitos relatados.
Enderezo de acceso ao procedemento: https://sede.ine.gob.es/tramite/canal_informante/
Código SIA: 3052798
-
Normativa
Saber máis
-
Materia
- Calquera acción ou omisión que poida supoñer unha infracción do Dereito da Unión Europea. Accións ou omisións que poidan supoñer unha infracción penal ou administrativa grave ou moi grave. Sexa como for, inclúense todas aquelas infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves que impliquen perda económica para a Facenda Pública e para a Seguridade Social.
A presente lei será aplicada aos informantes que traballen no sector privado ou público e que obtivesen información sobre infraccións nun contexto laboral ou profesional, abranguendo en todo caso:- as persoas que tiveren a condición de empregados públicos ou traballadores por conta allea;
- os autónomos;
- os accionistas, partícipes e persoas pertencentes ao órgano de administración, dirección ou supervisión dunha empresa, incluídos os membros non executivos;
- calquera persoa que traballe para ou baixo a supervisión e a dirección de contratistas, subcontratistas e provedores.
- A presente lei tamén se aplicará aos informantes que comuniquen ou revelen publicamente información sobre infraccións obtida no ámbito dunha relación laboral ou estatutaria xa finalizada, voluntarios, bolseiros, traballadores en períodos de formación con independencia de percibiren ou non unha remuneración, así como a aqueles cuxa relación laboral aínda non comezou, nos casos nos que a información sobre infraccións fose obtida durante o proceso de selección ou de negociación precontractual.
- As medidas de protección do informante recollidas no título VII tamén serán aplicadas, se for o caso, especificamente aos representantes legais das persoas traballadoras no exercicio das súas funcións de asesoramento e apoio ao informante.
- As medidas de protección do informante recollidas no título VII tamén serán aplicadas, se for o caso, a:
- persoas físicas que, no ámbito da organización na que preste servizos o informante, asistan a este no proceso,
- persoas físicas que estean relacionadas co informante e que poidan sufrir represalias, como compañeiros de traballo ou familiares do informante, e
- persoas xurídicas para as que traballe ou coas que manteña calquera outro tipo de relación nun contexto laboral ou nas que ostente unha participación significativa. Para estes efectos, enténdese que a participación no capital ou nos dereitos de voto correspondentes a accións ou participacións é significativa cando, pola súa proporción, permite á persoa que a posúa ter capacidade de influencia na persoa xurídica participada.
- Calquera acción ou omisión que poida supoñer unha infracción do Dereito da Unión Europea. Accións ou omisións que poidan supoñer unha infracción penal ou administrativa grave ou moi grave. Sexa como for, inclúense todas aquelas infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves que impliquen perda económica para a Facenda Pública e para a Seguridade Social.
-
Materia