Entrega de copias de censo electoral a candidaturas proclamadas

Descrición: solicitude de copia do censo electoral polos representantes das candidaturas.

Acceso ao trámite

Contacto para incidencias

  • Información de acceso

    • Medios de autenticación: sistema Cl@ve.

  • Información do trámite

    • Órgano responsable: Oficina do Censo Electoral.

      Materia: electoral.

      Enderezo de acceso ao procedemento: https://sede.ine.gob.es/tramite/entrega_copias_partidos/

      Código SIA: 3251490

  • Normativa

  • Saber máis

    • De acordo co artigo 41.5 da LOREX, os representantes de cada candidatura poderán obter no prazo de dous días desde a proclamación da súa candidatura, unha copia do censo do distrito correspondente, ordenado por mesas, nun formato axeitado para o seu tratamento informático, que poderá ser utilizado exclusivamente para os fins contemplados na citada Lei. Alternativamente, os representantes xerais poderán obter nas mesmas condicións unha copia do censo vixente dos distritos onde o seu partido, federación ou coalición presente candidaturas.

      Os representantes das candidaturas proclamadas poderán exercer o dereito recoñecido no artigo 41.5 da LOREX accedendo telematicamente desde o portal do Instituto Nacional de Estatística (na url: https:\\nextcloud.ine.es) ás copias do censo electoral vixente, sempre que cumpran cos requisitos recollidos na normativa.

      Os representantes das candidaturas proclamadas que desexen utilizar este procedemento de acceso telemático ás copias do censo electoral vixente deberán facelo até o día da proclamación da candidatura, por medio de solicitude presentada na sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística. O acceso a este trámite deberá realizarse a través dalgún dos sistemas de identificación facilitados pola plataforma Cl@ve.

      No caso de non dispor de Cl@ve, os representantes das candidaturas poderán efectuar a solicitude presencialmente nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral.

      As copias do censo vixente seranlles entregadas aos representantes das candidaturas proclamadas no prazo de dous días desde a proclamación da súa candidatura, segundo o establecido no artigo 41.5 da LOREX.