Manifestación de vontade de exercer en España o dereito de sufraxio activo nas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo por parte dos cidadáns da Unión Europea residentes en España.
Descrición: permítelles aos nacionais doutros países da Unión Europea residentes en España manifestar a súa vontade de exercer o dereito de sufraxio activo en España.
Información de acceso
-
Medios de autenticación: sistema Cl@ve.
Prazo de acceso ó trámite: para poder exercer o dereito de sufraxio activo en España nas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo deberá manifestar a súa vontade con anterioridade, como moi tarde o penúltimo día hábil do terceiro mes anterior ao da convocatoria de cada elección.
-
Información do trámite
-
Órgano responsable: Oficina do Censo Electoral.
Materia: electoral.
Enderezo de acceso ao procedemento: https://sede.ine.gob.es/tramite/manifestacion_voluntad_voto/
Código SIA: 2302335
-
Normativa
- Resolución de 12 de abril de 2013, da Oficina do Censo Electoral, pola que se establecen os procedementos e se aproba o modelo de solicitude para a inscrición no censo electoral para as eleccións ao Parlamento Europeo dos cidadáns nacionais doutros países da Unión Europea residentes en España
- RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2010, da Oficina do Censo Electoral, pola que se establecen os procedementos e apróbase o modelo de solicitude para a inscrición no censo electoral para as eleccións municipais dos cidadáns nacionais de países da Unión Europea, modificada pola resolución da Oficina do Censo Electoral do 12 de abril de 2013. Texto consolidado.
Saber máis
-
Quen o pode solicitar?
Os cidadáns da Unión Europea (UE), non españois, residentes en España, poderán votar nas eleccións municipais e ao Parlamento Europeo se están inscritos no censo electoral e teñen dezaoito anos cumpridos o día da votación.
Para a inscrición no censo electoral requírese a inscrición previa no padrón do municipio en que se resida habitualmente e manifestar a súa vontade de exercer o dereito de sufraxio en España nas eleccións municipais, nas eleccións ao Parlamento Europeo ou en ambas.
Para realizar o trámite de manifestación de vontade de votar en España nesta páxina de Internet é necesario que estea inscrito no padrón do municipio en que resida habitualmente e que o concello enviase a súa variación ao INE, que poida acreditar a súa identidade mediante o sistema Cl@ve e ademais que o INE recibise o seu Número de Identificación de Estranxeiro (NIE) do Rexistro Central de Estranxeiros.
Os electores comunitarios que fosen inscritos no censo electoral permanecerán inscritos nel ata que soliciten a súa exclusión ou se proceda de oficio á súa exclusión por deixar de cumprir os requisitos esixidos para o exercicio do dereito de sufraxio activo.
-
Quen o pode solicitar?