Pagos web: Sancións e Outros pagamentos
Descrición: permite o pagamento electrónico das sancións impostas ou calquera outro tipo de pagamento ao INE (compras de publicacións e solicitudes especiais de datos estatísticos, subscricións, convenios de colaboración, alugueres e outros conceptos). Non se utiliza para o pago de taxas certificadas.
Información de acceso
-
Medios de autenticación: sistema Cl@ve.
-
Información do trámite
-
Órgano responsable: Secretaria Xeral do Instituto Nacional de Estatística.
Materia: administrativo.
Enderezo de acceso ao procedemento: https://sede.ine.gob.es/tramite/pago_electronico/
-
Normativa
- Lei 12/1989, da Función Estatística Pública, do 9 de maio
- Disposición adicional cuarta da Lei 4/1990, do 29 xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para 1990
- Disposición adicional segunda da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social
- Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de Recadación
- Real Decreto 1572/1993, do 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de procedemento administrativo sancionador das Infraccións por incumprimento de obrigas establecidas na Lei da Función Estatística Pública
- Real Decreto 803/2022, de 4 de octubre, por el que se aprueba el Estatuto del Organismo Autónomo Instituto Nacional de Estadística
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
- Real Decreto 203/2021, de 30 de marzo, por el que se aprueba el Reglamento de actuación y funcionamiento del sector público por medios electrónicos
- Orde HAC/729/2003, do 28 de marzo, do Ministro de Facenda, pola que se establecen os supostos e as condicións xerais para o pagamento por vía telemática das taxas que constitúen recursos da Administración Xeral do Estado e os seus Organismos
Saber máis
-
Que clase de pagamentos se poden efectuar?
Pódese realizar o pagamento telemático por transferencia dos seguintes conceptos:
- Pagamento das sancións impostas por incumprimento das obrigas estatísticas.
- Compra de publicacións, subscricións e peticións especiais de datos estatísticos.
- Compra ou arrendamento de bens mobles ou inmobles pertencentes ao Patrimonio do INE.
- Aboamento de convenios de colaboración e contratos que se formalicen con entidades públicas ou privadas.
- Outros conceptos non contemplados nos apartados anteriores.
Pagamento mediante cargo en conta corrente
Ser titular dunha conta con saldo suficiente e vixente en bancos BBVA
Pagamento mediante tarxetas de débito
Admítense tarxetas Visa e MasterCard
Que prazo dispón o administrado para efectuar o pagamento?É un pago "en liña", no que a transferencia de fondos ocorre inmediatamente despois da súa orde de pago.
Hai que facer algunha solicitude para que a administración admita o pagamento?Non se precisa solicitude previa.
Pódense recuperar as cantidades aboadas por erro ou solicitar a devolución de pagamentos? Que procedemento debe seguir o administrado?As posibles devolucións deberán ser solicitadas polo administrado á Secretaría Xeral do INE. As solicitudes de reembolso deberán conter os seguintes datos:
- Identificación do solicitante.
- Feitos e razóns nos que se concrete a petición.
- Código Conta Cliente da conta á que se terá que efectuar a transferencia do importe do reembolso. Segundo o establecido na Orde PRE/1576/2002, do 19 de xuño, pola que se regula o procedemento para o pagamento de obrigas da Administración Xeral do Estado, devandita conta deberá estar dada de alta no Ficheiro Central de Terceiros.
- Xustificación documental dos feitos nos que se basea a solicitude. En particular, deberá achegar orixinal ou fotocopia cotexada do xustificantes de pagamento da operación.
-
Que clase de pagamentos se poden efectuar?