Presentación de candidatura ao Premio Nacional de Estatística

Descrición: concesión do Premio Nacional de Estatística.

Presentación de candidaturas

Non esquezas descargar primeiro e cubrir correctamente os formularios de solicitude.

Contacto para incidencias

  • Información de acceso

    • Medios de autenticación: sistema Cl@ve.

  • Información do trámite

  • Normativa

  • Saber máis

    • Que é o Premio Nacional de Estatística:

      É un premio convocado polo INE con carácter anual co que se destaca a achega e o labor científicos no campo da Estatística.

      Obxecto do Premio Nacional de Estatística:

      Recoñecer unha achega e un labor científicos no campo da Estatística, manifestados pola traxectoria profesional ou por medio dunha obra singular do galardoado. Estimular con isto a investigación, o desenvolvemento e a aplicación da metodoloxía estatística entre os científicos e académicos do noso país.

      Dotación:

      Diploma acreditativo e dotación económica de 30.000 euros.

      Presentación de candidaturas:

      Poderán propoñer candidaturas ao Premio Nacional de Estatística todas aquelas institucións, organismos ou fundacións de carácter público ou privado que estean especialmente vinculadas coa Estatística.

      Prazo de presentación de candidaturas:

      Tres meses a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

      Como presentar unha candidatura:

      • Paso 1: descargar os formularios "Anexo I: Proposta de candidatura", "Anexo II: Coñecementos e aceptación da presentación da candidatura e das bases reguladoras" e "Anexo III: Memoria".
      • Paso 2: cubrir e asinar debidamente os formularios.
      • Paso 3:
        • Acceder a "Presentación de candidaturas".
        • Autenticarse en Cl@ve.
        • Cubrir os campos obrigatorios.
        • Achegar obrigatoriamente os formularios do Paso 1: orixinais (se se asinaron electronicamente) ou escaneados (se se asinaron de forma manuscrita).
        • Así mesmo, poderase achegar outra documentación de apoio á candidatura (non obrigatorio).

      Requisitos dos candidatos:

      Poderán ser candidatos ao Premio Nacional de Estatística os expertos de nacionalidade española cuxo labor e achega científicos constitúan unha contribución eminente ao progreso da estatística, independentemente do país onde se levaron a cabo.

      Adxudicación:

      O Premio adxudicarase por Resolución da Presidencia do INE á vista da proposta formulada polo Xurado.