Rexistro electrónico
Descrición: recepción e remisión de solicitudes, escritos e comunicacións realizados por medios electrónicos.
Información de acceso
-
Medios de autenticación: certificado electrónico dos publicados na sede electrónica do INE.
-
Información do trámite
-
Órgano responsable: a Secretaría Xeral do Instituto Nacional de Estatística.
Materia: xeral.
Documentos admisibles: documentos electrónicos normalizados presentados por persoas físicas ou xurídicas correspondentes aos procedementos que se especifican na Sede Electrónica do INE. Calquera solicitude, escrito ou comunicación dirixida ao INE.
Enderezo de acceso ao procedemento: https://sede.ine.gob.es/tramite/registro/
-
Normativa
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
- Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, no que non está derrogado pola Lei 39/2015, do 1 de outubro
- Resolución do 4 de marzo de 2009 da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística pola que se regula o Rexistro Electrónico do INE
- Real Decreto 508/2001, do 11 de maio, polo que se aproba o Estatuto do Instituto Nacional de Estatística e as súas posteriores modificacións
Saber máis
-
Que é o Rexistro electrónico?
É unha Oficina telemática onde os cidadáns poden presentar solicitudes, escritos e comunicacións dirixidas á Administración Xeneral do Estado e aos seus Organismos Públicos por medios informáticos, electrónicos ou telemáticos.
Cando se poden presentar?A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderase realizar nos rexistros electrónicos durante as vintecatro horas de todos os días do ano.
Cómputo de prazos:
Serán días inhábiles na Administración Xeral do Estado os establecidos ao efecto por Resolución da Secretaría de Estado da Función Pública. Actualmente está en vigor a Resolución do 16 de decembro de 2024 da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se establece a efectos de cómputos de prazos, o calendario de días inhábiles no ámbito da Administración Xeral do Estado para o ano 2025.
A presentación nun día inhábil entenderase como realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte.
Que documentos son admisibles no Rexistro electrónico?- Documentos electrónicos normalizados correspondentes aos servizos, procedementos e trámites que se especifiquen na norma de creación do Rexistro ou na Sede Electrónica , formalizados conforme os formatos preestablecidos.
- Calquera solicitude, escrito ou comunicación distinta dos mencionados no apartado anterior dirixido a calquera Órgano ou Entidade do ámbito.
No caso de que se presenten ficheiros con código malicioso, o ficheiro considerarase como non presentado a efectos de tramitación do procedemento.
-
Que é o Rexistro electrónico?