Enchemento vía web da solicitude do voto por correo dos electores residentes en España.

Descrición: enchemento vía web da solicitude do voto por correo e a impresión das copias necesarias para a súa posterior presentación nunha oficina de Correos de España.

Acceso ao trámite

Contacto para incidencias

  • Información de acceso

    • Medios de autenticación: non se precisa ningún.

      Prazo de acceso ó trámite: do 24 de marzo ao 7 de maio de 2026, ambos incluídos.

  • Información do trámite

    • Órgano responsable: Oficina do Censo Electoral.

      Materia: electoral.

      Lugar de presentación: en calquera oficina de Correos de España.

      Enderezo de acceso ao procedemento: https://sede.ine.gob.es/tramite/solicitud_voto_correo/

      Código SIA: 1017743

  • Normativa

  • Saber máis

    • Quen o pode solicitar?

      Conforme ao artigo 72 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, os electores que prevean que na data da votación non se atoparan na localidade onde lles corresponde votar, ou que non poidan persoarse, poden emitir o seu voto por correo, previa solicitude á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral.

      O elector solicitará da correspondente Delegación un certificado de inscrición no Censo. Dita solicitude formularase ante calquera oficina do Servizo de Correos.

      O presente procedemento permite o enchemento web do impreso de solicitude, para a súa impresión por duplicado e posterior presentación na Oficina de Correos.

      Quén pode utilizar a aplicación de solicitude de certificado para o voto por correo web?

      Esta aplicación pode ser utilizada por:

      • Os electores residentes en España. Unha vez presentada a solicitude na Oficina de Correos, se é aceptada pola Oficina do Censo Electoral, non poderá votar na mesa electoral o día da votación.
      • Os electores residentes no estranxeiro que se atopen temporalmente en España, co dereito de voto nas eleccións convocadas.

      Non pode ser utilizada polos electores residentes en España que se atopen temporalmente no estranxeiro, nin polos electores residentes no estranxeiro que o soliciten desde o seu país de residencia.

      Instrucións para o enchemento e impresión

      Siga as instrucións contidas en cada pantalla e no derradeiro paso debe imprimir as dúas copias que se xeran: unha para a Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, outra para o/a interesado/a.

      Presentación dos impresos de solicitude de voto

      Os dous impresos da solicitude de voto por correo deben ser presentados persoalmente polo/a interesado/a en calquera Oficina de Correos de España, onde despois de comprobar a súa identidade, serán datados e selados. O exemplar dirixido á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da súa provincia de inscrición deberá ser introducido no sobre de remisión, no que deberá adherir a etiqueta que xere Correos coa información do/a destinatario/a e do/a remitente.
      No caso de enfermidade ou incapacidade (acreditada por medio dunha certificación médica oficial) a solicitude pode ser asinada e presentada no nome do/a elector/a pola persoa autorizada notarial ou consularmente. O/a elector/a ten dereito a que estes dous documentos, certificación médica e poder notarial, sexan de balde para o/a elector/a e deberán ser incluídos no sobre de remisión.
      Non será válido o envío por correo ordinario.

      Prazo para solicitar o voto por correo

      Pódese solicitar a partir da data da convocatoria e até o décimo día anterior ao da votación.