Reclamación aos datos de inscrición no Censo Electoral en período non electoral (CER, CERE e CERA)
Descrición: reclamación aos datos de inscrición no Censo Electoral con referencia ao censo pechado ao día primeiro de cada mes.
Aviso: Han sido convocadas las Elecciones al Parlamento de Andalucía de 17 de mayo de 2026. Para reclamar contra sus datos de inscripción en esas elecciones, los electores deben utilizar el procedimiento de Reclamación a los datos de inscripción en el Censo Electoral en período electoral dentro de Elecciones al Parlamento de Andalucía de 17 de mayo de 2026.
Información de acceso
-
Medios de autenticación: sistema Cl@ve.
-
Información do trámite
-
Órgano responsable: Oficina do Censo Electoral.
Materia: electoral.
Prazo para a presentación de reclamacións: poderanse presentar en calquera momento y resolveranse atendendo a cumprir cos requisitos necesarios para formar parte do censo electoral en vigor.Enderezo de acceso ao procedemento: https://sede.ine.gob.es/tramite/censo_electoral_reclamacion/
Código SIA: 1017741
-
Normativa
Saber máis
-
Reclamación aos datos de inscrición no Censo Electoral en período non electoral
O censo electoral contén a inscrición das persoas que reúnen os requisitos para ser electores e non se atopen privados, definitiva ou temporalmente, do dereito de sufraxio.
O censo electoral é permanente e actualízase mensualmente de oficio (sen ter que solicitalo) coa información recibida de oficio dos concellos, as oficinas consulares, os encargados do Rexistro Civil e coas reclamacións ao censo electoral que resulten estimadas..
O censo electoral pechado o día primeiro dun mes inclúe as variacións enviadas á Oficina do censo Electoral ata o penúltimo día do mes anterior y tramitadas nese mes.
Importante: os trámites de presentación de reclamacións a través da Sede Electrónica son distintos segundo se refiran ao censo pechado o día primeiro dun mes ou ao censo vixente para esas eleccións.
As reclamacións ao censo vixente dunhas eleccións non poderán ser formuladas mediante este trámite.
O censo electoral vixente para unhas eleccións é o censo electoral pechado o día primeiro do segundo mes anterior ao mes da convocatoria e ampliado coas inscricións de quen teña a maioría de idade o día da votación e sen ter en conta os cambios de circunscrición producidos nos doce meses anteriores á data da convocatoria no censo electoral dos electores residentes ausentes que viven no estranxeiro.
Quen pode formular unha reclamación aos seus datos de inscrición no Censo Electoral?Calquera cidadán residente nun municipio español ou cidadán español residente no estranxeiro que se identifique mediante o sistema Cl@ve.
Cando está habilitado o trámite de reclamacións e cal é o período de actualización?As reclamacións ao censo vixente en período de actualización poderanse presentar, mediante este trámite, sempre que non haxa convocatoria de eleccións na provincia onde estea empadroada a persoa electora. Resolveranse atendendo a cumprir cos requisitos necesarios para formar parte do censo electoral vixente que lle corresponda en función das datas de empadroamento e solicitude da reclamación.
Como se formula unha reclamación aos seus datos de inscrición no Censo Electoral?Calquera persoa interesada poderá solicitar a alta ou a modificación dos seus datos de inscrición no Censo Electoral.
A inscrición no Censo Electoral contén datos persoais e do enderezo de residencia das persoas electoras. No caso de cidadáns da Unión Europea residentes en España, tamén inclúe a intención de voto nas eleccións ás que teñen dereito, eleccións municipais e ao Parlamento europeo.
Que documentos cómpre achegar ao cubrir unha reclamación electoral?Será necesario achegar certificado de inscrición no Rexistro actualizado ou no Rexistro Consular, no que conste que a persoa que solicita a reclamación está inscrita como residente no Rexistro Municipal de Veciños dese concello ou no Rexistro Consular cos datos que se reclama, indicando a data a partir da que se presenta a reclamación.
Ademais, haberá que achegar unha copia dun documento de identificación do cidadán. Para cidadáns con nacionalidade española: (DNI / Carné de conducir / pasaporte).
Para cidadáns da Unión Europea: tarxeta de residencia / DNI ou pasaporte do país de orixe.
No caso de solicitar unha mudanza dos datos persoais, para persoas de cidadanía española, poderase achegar un certificado de datos persoais expedido polo Rexistro Civil.
-
Reclamación aos datos de inscrición no Censo Electoral en período non electoral